Emisión informe favorable previo á aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestruturas ‘Finca San Roque-Touza’ en Verín Imprimir
Xoves, 05 Novembro 2009 12:57

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas remitiu ao Concello de Verín o informe favorable previo á aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestruturas ‘Finca San Roque-Touza’, na que se situará a futura residencia xeriátrica do municipio.

A emisión deste informe favorable, por parte da citada Consellería, ten lugar tras o seguinte procedemento de tramitación:

- Aprobación inicial por decreto de alcaldía o 10 de marzo de 2009, exposición ao público e publicación en diarios provinciais.

- Informe favorable da Xefatura da Unidade da Demarcación de Estadas de Ourense, do Ministerio de Fomento, de 19 de xuño de 2009, sinalando a forma de conexión coa N-525.

- Decisión da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 1 de setembro de 2009, sinalando a non necesidade de someter á Avaliación Ambiental Estratéxica o Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas.
- Aprobación provisional do Plan Especial na sesión plenaria do 14 de setembro de 2009.


O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, sinalou en rolda de prensa que a emisión deste informe, “de modo rápido e eficaz” revela “o cumprimento de compromisos con Verín e a importancia que se lle concede á comarca por parte da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, en particular, e da Xunta de Galicia, en xeral”. Ademais, anunciou  que no próximo pleno se presentará este informe para a súa aprobación definitiva, “xa que se trata dunha infraestrutura demandada pola poboación de Verín, porque na actualidade existe unha lista de espera importante nos centros privados e debemos darlle resposta, e que xerará numerosos postos de traballo”. Tras esta aprobación definitiva, se exporá ao público durante 20 días e, con posterioridade, se outorgará a licencia a empresa Gedes Verín S.L. para o inicio das obras.