A Biblioteca de Verín retoma as súas xornadas de Novela Histórica Imprimir
Mércores, 18 Agosto 2021 10:42

 Os vindeiros 1 e 2 de outubro,  a Biblioteca do Concello de Verín organiza as que serán as súas IV Xornadas de Novela Histórica. Baixo o título “Mulleres na Historia”, contará con escritoras nacionais de primeiro nivel.

Nas xornadas estarán presentes escritoras como: Luz Gabás, autora da aclamada novela “Palmeras en la nieve”; María Solar, xornalista e coordinadora dos programas culturais da CRTVG e autora -entre outras- da novela  “Os nenos da varíola”; Rosario Raro, que realizará un seminario para o alumnado dos centros de Verín sobre a muller na historia e da escritura de novela e impartirá unha conferencia sobre as mulleres nas súas novelas; Eva Díaz Pérez, directora do Centro Andaluz das Letras e autora de numerosas novelas históricas, que disertará sobre como escribir novelas históricas dende a perspectiva feminina e María Vila, que impartirá a conferencia sobre “Mulleres piratas no século XVI”.

As xornadas estarán coordinadas por José Luís Corral e José Calvo Poyato, autores de multitude de novelas históricas e considerados dos máis grandes no xénero. Así mesmo contarán co acompañamento musical de Lourdes Olbés, violinista galega de primeiro nivel.

Toda a información estará dispoñible na web http://www.novhis.bibliotecadeverin.es/