Aberto o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol Sala do Concello de Verín Imprimir
Luns, 16 Agosto 2021 10:39

A área de Deportes do Concello de Verín  informa que hoxe abre o prazo de inscrición para as disciplinas de  Fútbol e Fútbol Sala impartidas nas Escolas Deportivas Municipais do Complexo Deportivo da Granxa.


Coa finalidade de garantir a seguridade dos e as deportistas, a concellería de Deportes de Verín conta cun estrito protocolo de seguridade, baseado no documento oficial da Federación Galega de Fútbol. Deste xeito, todas as actividades contarán coas medidas preventivas fronte á COVID-19 ditadas en cada momento polas autoridades sanitarias.

O prazo de solicitudes estará aberto entre o 16 de agosto e o 1 de setembro. A lista de admitidos confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de rexistrados na actividade consiga o mínimo pertinente considerado pola organización.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das disciplinas deberán enviar asinada a documentación que se atopa dispoñible na web oficial do Concello de Verín (www.verin.gal) ao mail das escolas deportivas:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . No caso de non enviar algún dos documento solicitados, o menor non poderá iniciar a actividade deportiva.

Para máis información, ademais de consultar a páxina web municipal, todos os interesados poden chamar ao teléfono 660 776 564.

AS CATEGORIAS POR EDADES SON AS SEGUINTES

  • XUVENIS (NENOS NADOS NO 2003-2004-2005)
  • CADETES (NENOS NADOS NO 2006-2007)
  • INFANTIS (NEN@S NADOS NO 20O8-2009)
  • ALEVINS (NEN@S NADOS NO 2010-2011)
  • BENXAMINS (NEN@S NADOS NO 2012-2013)
  • PREBENXAMINS (NEN@S DADOS NO 2014-2015)
  • BIBERÓNS (NEN@S NADOS N0 2016-2017)

DOCUMENTOS A ENVIAR O CORREO Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (OBRIGATORIO TODOS OS DOCUMENTOS):


- DECLARACIÓN DE RESPONSABILIDADE  (REENVIAR FIRMADA)
- FOLLA INSCRIPCIÓN TEMPORADA 2021-2022  (REENVIAR FIRMADA)
- XUSTIFICANTE DE PAGO CUOTA 150€ NA CONTA: ABANCA ES32 2080 5168 1830 4002 3726
                   (IMPORTANTE QUE APAREZCA O NOME DO NEN@S, REENVIAR)
- PROTECCIÓN DE DATOS (REENVIAR FIRMADA)
- REGULAMENTO  DAS EDC VERIN (estas son para que se queden con elas os nen@s)