“Os venres de conto” organizados pola Biblioteca de Verín serán ás 20:00 horas Imprimir
Xoves, 12 Agosto 2021 11:40

 Segundo confirman desde a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, as actividades organizadas dentro da iniciativa “Venres de Conto” terán lugar ás 20:00, en lugar das 21:00 horas, na rúa Irmans la Salle.

Así pois, este venres pequenos e maiores poderán desfrutar unha hora antes do axendado do espectáculo “EXTRA” de Paco Nogueira baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Próximas actuacións

20 DE AGOSTO |  “ISTO NON É SÓ UNHA CAIXA”. De Sarabela Teatro

Espectáculo de contos e viaxe coa imaxinación con Sarabela Teatro baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

27 DE AGOSTO | “BRINCADEIRA PIRATA” da compañía de teatro infantil Galerna Crúa

Espectáculo de  dinamización con música, teatro e danza da man da compañía de teatro infantil Galerna Crúa.

Estas actividades están enmarcada dentro do Programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia e organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín. Aforo limitado a 30 nenos e nenas.