Clásicos na Biblioteca Pública Municipal de Verín |
Martes, 03 Novembro 2009 09:23 |
O próximo sábado 7 de novembro, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a actividade ‘Clásicos na Biblioteca’. Contos, adiviñas, xogos e cancións populares serán algunhas das actuacións programadas para esta actividade, destinada a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos -empadroados no municipio de Verín- e enmarcada dentro do programa de apertura de centros educativos fóra do horario lectivo. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. |