AVISO IMPORTANTE | Cribado poboacional en Verín |
|
Martes, 27 Xullo 2021 16:44 |
Dada a evolución da pandemia e téndose duplicado os casos activos nos últimos 5 días na nosa contorna, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia convoca un cribado poboacional para o vindeiro venres, ás 16 horas, no pavillón de deportes de Verín.
Está dirixido EXCLUSIVAMENTE a mozos e mozas entre 16 e 35 anos dos vosos concellos, e xa esá habilitada unha web de autoinscripción, onde unha vez comprobados os datos e o cumprimento dos requisitos, remitirán aos inscritos un sms confirmatorio, indicando a hora á que estarían citados.
Desde o Concello de Verín pedímosvos a máxima colaboración, xa que só coa participación conseguiremos detectar asintomáticos e evitar males maiores.
https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx |