Avanza o Plan de Limpeza e desbroce do río Támega Imprimir
Martes, 23 Marzo 2021 16:44

Os traballos efectuados dentro deste plan buscan a mellora da vexetación de ribeira do Río Támega mediante a retirada de árbores mortas do seu leito, retirada de vexetación invasora e desbroce selectivo en ambas as marxes.

 



Esta acción, na que se investirán 120.000 euros, está dividida en dúas fases. A primeira, na que se está traballando actualmente, abarca os tramos comprendidos entre o area recreativa de Tintores ata ponte da N-525 ao seu paso por Verín; e desde a Ponte de Pazos ata nova ponte en execución situado a paraxe do Pracer, en Queizás. A segunda, que será executada en setembro, limpará as ribeiras do Támega ata a fronteira con Portugal.

Proxecto Integral de Reestructuración e Saneamento de Verín
Esta actuación forma parte do Plan Integral de Reestruturación e Saneamento de Verín deseñado polo Concello e que está destinado a completar o correcto funcionamento do ciclo da auga do río Támega ao seu paso por vila. O mesmo suporá un investimento total que roldará os 400.000 euros.
Este proxecto divídese en tres grandes actuacións. A primeira, que xa se atopa en marcha, comprende accións de limpeza e desbroce das ribeiras do río Támega; a segunda, estará enfocada a mellorar saneamento hídrico ao seu paso pola zona urbana; e a terceira terá como obxectivo o saneamento nos pobos que conforman o municipio.