PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO PERMISO DE CONDUCIR 2021 Imprimir
Luns, 22 Marzo 2021 11:37

A DGT é o organismo encargado de emitir os permisos de circulación en España. Para poder obtelo, os aspirantes deben presentarse a dúas probas: unha teórica, na que deberán demostrar o seu coñecemento do código de circulación e outra práctica, na que deberán demostrar as súas habilidades ao volante. Estas probas determinan se son aptos para a circulación.

En primeiro lugar, os candidatos deberán preparar as probas. Para preparar o exame teórico, poden estudar a través de manuais de circulación e repasar o aprendido en tests gratuítos on-line. Para preparar o exame práctico, terán que ir a clases cun profesor titulado na materia.

En segundo lugar, deben consultar as medidas que se deben tomar fronte o COVID-19 e solicitar a realización do exame. Aquí atopará toda a información sobre o procedemento:

https://sede.dgt.gob.es/es/permisos-de-conducir/obtencion-renovacion-duplicados-permiso/permiso-conducir/