Pleno Extraordinario: 21 de xaneiro de 2021 Imprimir
Xoves, 21 Xaneiro 2021 13:04

 O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DE 30/12/2020.

2. Expediente 3588/2020. Peche e Liquidación do Orzamento. APROBACION CONTA XERAL 2.019.

3. Expediente 85/2021. Denuncia do CONVENIO DE COOPERACIÓN COA CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL PARA REALIZACIÓN DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO LOCAL DA PRAZA DE ABASTOS.

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión ordinaria, o presidente en funcións, Diego Lourenzo Moura, someteu a votación a aprobación da conta xeral do orzamento do ano 2019, que quedou ratificada por 11 votos (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 3 votos en contra do Partido Popular.

Por último, o pleno someteu a votación a denuncia do convenio de cooperación coa consellería de política agroalimentaria e desenvolvemento rural para a realización das obras de acondicionamento do local da Praza de Abastos, que foi aprobada por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 3 votos en contra do Partido Popular.

Segundo explicou o alcalde en funcións, Diego Lourenzo Moura, «neste momento o Concello de Verín ten a necesidade de utilizar estas instalacións municipais para fins cuturais», en concreto, dedicará o espazo que quede libre o que será o novo Museo Comarcal, que na actualidade está ubicado no claustro Mercedario.