ACTUALIZACIÓN COVID-19 | Novas restricións vixentes en Galicia Imprimir
Mércores, 13 Xaneiro 2021 20:14

 Tras as medidas adiantadas hoxe pola Xunta de Galicia, tras a reunión do comité clínico, o Concello de Verín con tinúia no nivel máximo de restricións, que entrarán en vigor o próximo venres, 15 de xaneiro, ás 00:00 horas.

As novas medidas vixentes en Galicia entrarán en vigor o próximo venres, 15 de xaneiro, ás 00:00 horas.



- Pasamos a estar pechados perimetralmente de maneira INDIVIDUAL
- O toque de queda adiántase ata ás 22:00 horas.
- As reunións quedan limitadas a un máximo de 4 persoas.
- No comercio, establécese un aforo do 50%, que poderá permanecer aberto ata as ???? 21:30.¡
- Na hostalaría, só se poderá conumir en terraza, podendo permanecer abertos ata as ???? 18:00 horas.
Agora máis que nunca, dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas.

ESTÁ NAS NOSAS MANS!!!!
Lembra a norma das 6 M
• Máscara. Uso de máscara todo o tempo posible.
• Mans. Lavado de mans frecuente.
• Metros. Mantemento da distancia física de máis de 1,5 metros.
• Maximizar ventilación e actividades ao aire libre. Manter as xanelas e portas abertas na medida en que sexa seguro e factible segundo a temperatura.
• Minimizar o número de contactos, preferiblemente sempre os mesmos.
• 6 QuédoMe na casa se teño síntomas, diagnóstico ou contacto.