COMUNICADO | O Concello de Verín suspende a Cabalgata Estática de Reis Imprimir
Luns, 04 Xaneiro 2021 20:11

Nos últimos días o  Concello de Verín esta a experimentar un importante incremento de casos activos por Covid-19, así como de persoas que se atopan gardando corentena no seu domicilio e que, previsiblemente, provoquen un aumento significativo da incidencia da enfermidade na nosa vila.


É por este motivo que, pensando exclusivamente na saúde de todos os veciños e veciñas, o  Concello de Verín vén de acordar a suspensión da Cabalgata Estática de Reis para evitar así calquera aglomeración de xente que poida poñer en risco a saúde Pública.

A pesar de que o evento contaba cun estrito protocolo de seguridade adaptado as medidas sanitarias  vixentes, o Concello quere evitar poñer en risco a pequenos e maiores e toma esta decisión como medida preventiva e apeando a responsabilidade colectiva.

Así mesmo desde o Concello queremos asegurarlle a todos os nenos e nenas de Verín que igualmente recibirán os agasallos que os Reis Magos lles tiñan preparados.

Desde o ente municipal facemos un chamamento aos veciños e veciñas para que actúen con responsabilidade individual xa que a situación que se vive o Verín é moi delicada.