Reabre a sala de estudos da Biblioteca Municipal Imprimir
Mércores, 23 Decembro 2020 11:36

 A Biblioteca Municipal de Verín reabre hoxe a súa sala estudo. As persoas interesadas poderán usar de novo o espazo, sempre tendo en conta unha serie de medidas de prevención fronte aos contaxios por Covid-19.

En canto ao protocolo de seguridade, os usuarios e usuarias deberán respectar en todo momento as medidas de hixiene e seguridade tanto no acceso como no interior da biblioteca. A distancia interpersoal garantirase coa limitación de aforo pertinente, quedando acoutada a separación entre as prazas dispoñibles. As xanelas permanecerán abertas para favorecer a correcta ventilación e as zonas de estudo están sinalizadas e delimitadas, sendo obrigatorio a desinfección das mesmas unha vez utilizadas.

A instalación municipal terá un horario inicial de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 horas, de luns a venres, e de 11:30 a 13:30 os sábados.