25 DE NOVEMBRO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Imprimir
Martes, 24 Novembro 2020 11:22

 Mañá, 25 de Novembro, é o “Día internacional contra a violencia de xénero” e conmemoramos a loita pola erradicación desta violencia.

Este ano debido á pandemia provocada pola Covid-19 non poderemos realizar convocatorias de carácter público de rexeitamento coma outros anos. Dende o CIM, e en colaboración cos concellos que forman parte da Mancomunidade de #Verín e os #ServizosSociais, queremos impulsar unha actuación “en liña” e informar sobre as diferentes accións de sensibilización que se están implementando na actualidade:

 

  • 25N - Paro simbólico ás 12:00h | Evitando multitudes.
  • Proxección do documental "Arraigadas á terra". Dispoñible o 25 de novembro na canle oficial de Youtube do CIM.
  • Programa “NON CAIO NAS TUAS REDES”:  iniciativa de sensibilización. promovida polo CIM,  sobre as ciberviolencias destinado á xuventude, na cal se elaborou unha curtametraxe con protagonistas da contorna e unha guía didáctica sobre este tipo de violencias.
  • + info: instagram.com/noncaionastuasredes/
  • Cursos de psicoeducación en liña sobre a violencia de xénero e como afecta ós nenos e as nenas.
  • Investigación Sociocomunitaria.

 ÚNETE A NÓS! DI NON AS VIOLENCIAS MACHISTAS.

+ INFO: https://www.facebook.com/mancoverincim