Pleno Ordinario | 11 de novembro Imprimir
Mércores, 11 Novembro 2020 14:20

O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acolleu esta maña unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

 

1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA URXENTE DE DATA 23/10/2020

2. Expediente 3636/2020. PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS PARA O EXERCICIO 2021

3. RECOÑECEMENTO EXTRAJUDICIAL 2/2.020, DE FACTURAS 2.019, 2.018 E ANTERIORES, E EXPTE. MODIFICACIÓN CRÉDITOS NO ORZAMENTO 2.020, SUPLEMENTOS CREDITO E CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS CON CARGO Ó REMANENTE LÍQUIDO DE TESORERIA DA LIQUIDACIÓN DO ANO 2.019

4. DAR CONTA DA APROBACIÓN POR DECRETO DO CONCELLEIRO DELEGADO DE ECONOMÍA E FACENDA, DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DO ANO 2.019

5. INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA

6. DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 07/10/2020 ATÉ O 05/11/2020, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS

7. ROGOS E PREGUNTAS

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extrordinaria urxente, o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación solicitar a inclusión no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais para o exercicio 2021 da Deputación Provincial de Ourense as seguintes actuacións, requerimento que tamén foi aprobado por unanimidade:

 

1ª.- Acceso á vivendas 1º de Maio dende a Estrada de Laza (OU-113) por un importe de 48.000 euros

 

2ª.- Asfaltado Rúa  Muiño da Veiga, por un importe de 48.000 euros

 

Por outra banda, aprobouse por  12  votos a  favor  (7 PSdeG-PSOE e  5 BNG) e  4 abstencións (PP) o  recoñecemento  extraxudicial  de  créditos,  num.   2/2.020,  por importe  de  1.773.974,83 euros das facturas,  dos anos   2.019, 2.018  e  anos anteriores, polo que levantarase o reparo de intervención para todas estas facturas, procedendo o pago das mesmas.

Na sesión plenaria tamén se deu conta da aprobación, por decreto do concelleiro delegado de Economía e Facenda, da liquidación do orzamento do ano 2019 así como dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local,  dende  o  07/10/2020  até  o  05/11/2020, ambas as dúas datas incluídas.

O Partido Popular presentou ante o pleno municipal unha moción sobre o IVE das mascarillas, luvas e hidroxeles desinfectantes. O voceiro municipal, Diego Lourenzo, explicou a proposta «foi presentada 30 minutos antes da sesión non  seguindo  o procedemento habitual  de  presentala  con  antelación para  poder  estudiarse;  de  facelo  así,  incorporaríase  á sesión porque podería estudiarse antes. Ademais», continuou Lourenzo «todo sabemos que  non é unha  competencia municipal, pódese instar pero o Pleno  non é foro para  debatir este punto.»

Procedeuse á votación  da urxencia do asunto e, por 12 votos en contra  (7 PSdeG- PSOE e 5 BNG) e 4 votos a favor (PP),  non se aprobou a urxencia do mesmo e polo tanto  non se incorporou á Orde do Día da sesión.

Por último,  no apartado de rogos e preguntas interviú o portavoz do grupo popular Juan Manuel Jiménez Morán que inquiriu sobre as facturas que quedan pendentes de aplicación (conta  413. 1) no Concello ao que o tenente de alcalde, Diego  Lourenzo Moura  respondeulle que  «están no  expediente,  pero non queda ninguna factura  pendente».