O Concello de Verín establece un protocolo especial para celebrar o Día de Todos os Santos Imprimir
Martes, 27 Outubro 2020 11:12

O Concello de Verín establecerá un protocolo especial de seguridade para o Cemiterio municipal de Verín con motivo do Día dos Defuntos e a festividade de Todos os Santos. A horario  de apertura e peche desta instalación os días 30 e 31 de outubro, e 1 e 2 de novembro, será de 9.00 a 21.00 horas ampliándose, desta maneira, o para así facilitar as visitas a todos os cidadáns e cidadás que queiran achegarse ao camposanto.


Ademais da ampliación horaria, no que as medidas organizativas se refire, estableceranse, mediante cartelería situada en puntos estratéxicos, información sobre as normas sanitarias e os voluntarios de  Protección Civil de Verín proporcionarán xel hidroalcohólico á entrada do cemiterio. Tamén haberá un dispositivo de Protección Civil destinado a controlar o aforo no que se establecerá un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/persoas que viven xuntas; e a duración das visitas non poderá superar os 30 minutos.

En canto as medidas de protección persoal, deberase evitar o contacto físico sendo obrigatorio o mantemento da distancia de seguridade interpersoal de, alomenos 1,5 metros; e seguirase a normativa vixente en Galicia en canto ao emprego obrigatorio de máscara cirúrxica/hixiénica, así como da correcta hixiene de mans. Recoméndase tamén u    sar panos desbotables ao tusir ou esbirrar e desbotalos nunha papeleira tras o seu uso. De non dispoñer de panos desbotables, cubrir a boca e o nariz coa flexura do cóbado.

Este protocolo especial pode variar en función de posibles novas restricións por parte das autoridades sanitarias.

Desde o Concello de Verín aconséllase aos usuarios espaciar as súas visitas durante estes días e os días previos, así como evitar as horas de maior afluencia para que evitar posibles aglomeracións tanto nos accesos como dentro do propio cemiterio.