AEVER presenta a súa campaña de dinamización do Comercio Local "Os 6.000 de Verín" Imprimir
Martes, 20 Outubro 2020 12:42

 Esta mañá, tivo lugar a presentación da campaña “ OS 6.000 DE VERÍN" organizada pola Asociación de Empresarios de #Verín ( Aever Verín ), en colaboración co Concello de Verín, para promover as vendas nos establecementos integrados na mesma.

A mesma tivo lugar na sede de Aever, e contou coa presenza da concelleira da Área de Comercio, María Isabel González; do xerente da Asociación de Empresarios, José Ángel Rodicio, e do seu presidente, Santos Álvarez.

A campaña consistirá no sorteo ante notario, o vindeiro 30 de Decembro, de OITO CHEQUES:

???? 1 cheque de 2.000 €, debendo gastalo nun mínimo de 10 locais facendo un gasto máximo de 200€ en cada unha.

???? 1 cheque de 1.000€, debendo gastalo nun mínimo de 5 locais tendas ou servizos e máximo 200€ en cada unha.

???? 6 cheques de 500 €, debendo gastalo nun mínimo de 5 locais e máximo de 100€

Os establecementos e locais que participarán na campaña, entregarán boletos para participar no sorteo aos clientes que realicen compras do 20 de Outubro do 2020 ao 26 de Decembro do 2020. O diñeiro dos cheques deberá ser gastado nos locais e establecementos que participen nesta campaña.

Consulta as bases do concurso na web oficial de AEVER:  http://ccaverin.com/os-6000-de-verin

#Os6000deVerín