Pleno Ordinario | 13 de outubro |
Martes, 13 Outubro 2020 12:47 |
O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acolleu esta maña unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión ordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación a declaración de compatibilidade dos profesores de saxofón e violín do Conservatorio de Música de Verín, quedando aprobados por unanimidade. Por outra banda, o pleno someteu a votación a fixación das festas locais para o ano 2021, acordando por unanimidade que os festivos sexan o 17 de febreiro (mércores de cinza) e o 8 de setembro (Festa da Virxe dos Remedios). Tamén por unanimidade se aprobou a concesión dunha subvención polo importe total de 18.000,00 euros á Asociación de Empresarios de Verín AEVER, destinada a sufragar os gastos orixinados pola realización das actividades do Nadal 2019/2020, en particular da instalación dunha Pista de patinaxe sobre Xeo. Por último, o voceiro municipal, Diego Lourenzo, deu conta na sesión plenaria do acordo alcanzado onte cos representantes dos hostaleiros de Verín para pechar os bares e as terrazas durante un prazo de dez días. O ente municipal abrirá unha liña de axudas para paliar, na medida do posible, os danos ocasionados a estes negocios.
No apartado de rogos e preguntas interveu o portavoz do grupo popular Juan Manuel Jiménez Morán.
|