Acordo entre a hostalería e o Concello de Verín para o cierre das instalacións de bares e terrazas durante dez días Imprimir
Luns, 12 Outubro 2020 12:30

 O  Concello de Verín vén de alcanzar un acordo cos representantes dos hostaleiros de Verín para pechar os bares e as terrazas durante un prazo de dez días. O ente municipal abrirá unha liña de axudas para paliar, na medida do posible, os danos  ocasionados a estes negocios.



Esta medida, de carácter voluntario, tómase á  vista da evolución da pandemia na vila de Verín, que a día de hoxe é de 74 casos activos. Se se fai unha comparación, Verín estaría a roldar os 540 casos por cada 100.000 habitantes. A medida foi sometida a debate polos representantes da hostaleira, que ante a necesidade e pertinencia da medida impulsada dende o Concello de Verín, aprobárona cun amplo consenso.

É necesario matizar que, aínda que os restaurantes permanecerán abertos, as terrazas e os bares dos mesmos  estarán pechadas.

Así mesmo, e coa finalidade de minimizar os riscos de contaxio, realizarase un  cribado por  PCR a todos os traballadores de devanditos establecementos.

Esta medida estará  vixente desde  mañá martes 13 de  outubro,  ás 20:00 horas, ata ou  vindeiro  xoves  22  do  mesmo mes.

No pleno ordinario que se celebrará mañá no Concello de Verín darase conta desta nova medida.