Gran éxito da estrea do filme “María Solinha” de Ignacio Vilar no Autocine de Verín Imprimir
Luns, 22 Xuño 2020 17:33

 O primeiro pase do autocine de Verín celebrado este domingo no aparcamento “centro”, organizado polo Concello de Verín, pechou o pano co seu aforo completo. En total foron 120 coches, a totalidade da capacidade do recinto, os que se estacionaron na zona habilitada para ver a estrea da a última película de Ignacio Vilar, María  Solinha.

Previo a  proxección,  tivo lugar a gala de presentación da película na que participaron: o seu director, Ignacio Vilar, as actrices protagonistas, Grial Montes e Laura Miguez, Xoán Mariño, xerente da empresa responsable de  xestionar o  Autocine, Gerardo Seoane e Diego Lourenzo, alcalde e  tenente de alcalde  do  Concello de Verín, e Roberto  Verino, en representación da adega Gargalo.

Éxito de acollida tamén do servizo de menús  autocine ofrecido polos hostaleiros locais, en colaboración con Rumbo (rumbonosmovemosporti.com), que pechaba o súa primeira sesión cun total de 56 menús servidos durante a proxección da película.

Segundo sinalou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, estamos máis que satisfeitos coa excelente acollida desta proxección “piloto”, agora teremos que analizar a viabilidade do proxecto para ver se podemos crear unha programación estable.

A recadación desta sesión destinarase integramente para fins solidarios, concretamente para as actividades de apoio que a asociación Portas Abertas ven realizando cos máis desfavorecidos pola crise social e sanitaria provocada pola  Covid19.

Visita a adega Gargalo

Horas antes da proxección, O plantel de actores da película “María Solinha”, encabezados polo seu director, Ignacio Vilar e acompañados polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, visitaron a adega de Roberto Verino en O Gargalo. O reparto quixo escenificar así o seu compromiso co sector do viño galego, que retoma a súa actividade tras o parón provocado pola Covid19.