Pleno Extraordinario: 15 de xuño de 2020 Imprimir
Luns, 15 Xuño 2020 12:58

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos: 

1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DE DATA 27/05/2020

2. Adxudicación Operación de Crédito a longo prazo para financiar gastos de investimentos 1/2020 (Expte:1555/2020)

3. Expediente 1624/2020. SUSPENSIÓN TAXAS OCUPACIÓN VÍA PÚBLICA EXERCICIO 2020 (POSTOS FEIRAS 3, 11 E 23) )

4. SORTEO MEMBROS MESAS ELECTORAIS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA 12/07/2020


Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria, o presidente, Gerardo Seoane Fidalgo, someteu votación a adxudicación a Caja Rural de Zamora da Operación de Crédito a longo prazo (por un importe de 1.211.000 eurso) para financiar gastos de investimentos, que foi aprobada por 10 votos (5 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular.

Por outra banda, o pleno tamén aprobou por unanimidade a suspensión do cobro durante o exercicio 2020 da Taxa pola ocupación de vía pública mediante a instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de uso público local na parte da taxa correspondente á feiras que se celebran no noso municipio os días 3,11 e 23 de cada mes.

Por último, realizouse o sorteo do membros das mesas electorais das eleccións ao Parlamento de Galicia, que se celebrarán o vindeiro 12 de xullo. Coa finalidade de protexer a saúde pública, evitando as  aglomeracións en espazos reducidos, o Concello de Verín modificará a ubicación das seguintes mesas electorais:

  • Mesas electorais ubicadas na Casa da Xuventude e na Oficina de Turismo/Sala de Exposicións trasládanse ao Pavillón Municipal de Deportes.
  • Mesas electorais ubicadas no Salón de Actos do Hospital de Verín trasládanse ao Estadio de Fútbol José Arjiz.
  • Mesa  electoral de Feces de Abaixo trasládase a antiga escola.