Verín reforza os servizos de limpeza contra o Covid-19 Imprimir
Martes, 24 Marzo 2020 15:57

Desde a entrada en vigor do estado de alerta sanitaria, o Concello Verín leva a cabo unha campaña intensiva de limpeza e desinfección diaria das súas rúas, dando prioridade ás zonas máis sensibles e con maior tránsito para evitar a propagación do coronavirus  Covid-19.


Este plan especial de limpeza, implementado pola Comisión de Seguimento do Covid-19 do  Concello de Verín, está a ser executado polos operarios municipais, encargados de limpar e  desinfectar as rúas. Preténdese co mesmo minimizar o dano que poida ocasionar a presenza do virus na vía pública.

Tamén participa no plan de limpeza a empresa  DDDverín Control de Pragas que realiza un servizo especifico encargado de  desinfectar periodicamente con mochilas  pulverizadoras os edificios municipais, as residencias de maiores, o Hospital, o Centro de Saúde, os supermercados, as farmacias e os bancos.