O Domingo de Piñata clausura o Entroido de Verín Imprimir
Domingo, 01 Marzo 2020 17:39

A celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido de Verín. Como todos os anos, o Concello de Verín organizou un xantar popular, nun restaurante da vila, para os participantes nos desfiles de Entroido. O rematar, fíxose entrega dos galardóns de Honra, “Pescadilla” e Fidelidade; así como dos agasallos conmemorativos.

Os premios foron os seguintes:

 - Premio Cigarrón de Honra: Sonia Conde.

- Premio “Pescadilla”: Antonio Valeriano González Tarrío (póstumo).

- Premio Fidelidade: Ana Fernández.

 Nesta edición, o xurado dos premios estivo composto por os membros do grupo organizador do Entroido 2020.


 Agasallo conmemorativo

 Durante o acto tamén se o repartiu un agasallo conmemorativo para premiar a participación de todas as comparsas e carrozas, que este ano consistiu no cartel oficial do Entroido 2020 impreso en formato lienzo.