Experiencia piloto para a recollida selectiva de envases de vidrio nos establecementos hostaleiros Imprimir
Venres, 13 Febreiro 2009 17:39

Nos próximos días, o Concello de Verín porá en marcha unha experiencia piloto para a recollida selectiva de envases de vidro nos establecementos hostaleiros da localidade, en colaboración con Ecovidrio, entidade encargada da xestión da reciclaxe dos residuos deste material en toda España.

Esta actuación, que non suporá ningunha repercusión económica para os establecementos participantes, consistirá na realización de tres accións simultáneas:

- Realización de enquisas que analicen a posta en marcha deste servizo.

- Ubicación de colectores de recollida selectiva de vidro en diversas rúas do centro histórico (Muralla, Alameda, Luis Espada, Montemaior, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Amaro Refoxo, praza da Alameda, zona Hospital e institutos-.

- Reparto de colectores, de forma individual, en cada un dos locais públicos pertencentes ás zonas anteriores, para o depósito de vidro e fácil traslado ao colector externo.