O Mago Norberto na apertura do III Circuíto Galego da Maxia Imprimir
Venres, 26 Decembro 2008 09:54
Co espectáculo Xogos Máxicos do Mago Norberto (Alemaña), comezará o sábado día 27 de decembro o III Circuíto Galego da Maxia. Até o día 10 de xaneiro ás 19 horas, a Casa da Cultura de Verín ofrecerá nas tardes dos sábados este ciclo  de tres galas máxicas. Os espectáculos Maxilusión, de Javier Muro, e A nosa maxia de Cyrille Sinclair (Francia), que clausurará o ciclo, completan a programación. Os actos están enfocados ao público familiar e son de acceso libre ao patrocinalos o Concello de Verín e a Consellería de Cultura e Deportes.