Presentación ‘Apagón Analóxico’ Imprimir
Martes, 09 Decembro 2008 15:51

A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá, a partir das 20 horas, a presentación ‘Apagón Analóxico’, a cargo de Retegal SA, e na que participarán o director do Departamento de Comunicacións e Relacións Externas da CRTVG, Pastor Lorenzo Sola, o director xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, Manuel Fernández Iglesias, ou o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, entre outros. Nesta presentación abordaranse cuestións como a transición cara á Televisión Dixital Terrestre (TDT) ou o cesamento das emisións analóxicas en Galicia, que na zona da comarca de Verín producirase o próximo 30 de xuño de 2009.