Adquisición de maquinaria destinada á limpeza de vías e camiños forestais Imprimir
Venres, 28 Novembro 2008 14:05
O Concello de Verín e a Consellería de Medio Rural asinaron un convenio para a compra maquinaria destinada á execución dun plan de xestión da biomasa, co obxecto de evitar os incendios forestais ou, en todo caso, minorar as súas consecuencias económicas e ambientais -mediante a realización de traballos preventivos nos estratos arbóreos, arbustivo e subarbustivo, especialmente en vías e camiños forestais-.
Como consecuencia deste convenio, adquiriuse un tractor-desbrozadora, cuxo custo total ascende a 93.800 euros, dos cales 50.000 € foron aportados pola Consellería de Medio Rural e os restantes polo Concello de Verín. “Grazas a esta adquisición reduciranse, de forma considerable, os gastos de limpeza de camiños forestais, xa que non será necesario alugar maquinaria para este fin”, asevera o alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán.