Praceres sonoros. Ciclo-homenaxe a Ángel Barja Imprimir
Venres, 07 Novembro 2008 14:17
O Concello de Verín en colaboración co Instituto Leonés de Cultura organiza, entre o 9 e 29 de novembro, un ciclo-homenaxe a Ángel Barja Iglesias, que  foi o músico sobranceiro dos nacidos na comarca de Verín e un dos compositores galegos máis importantes do século XX. Compositor con máis de cincocentas obras en catálogo, obtivo, entre outros, o Premio Nacional de Composición (1972 e 1984), o Premio Internacional de Composición (1972 e 1981), o Premio Cristóbal Halfter (1982) e o Premio Internacional da Real Academia de Bellas Artes de Granada (1985).
As actividades que se van a desenvolver dentro deste ciclo son:

- Concerto da Capela Clásica de León, unha agrupación coral vinculada ao Instituto Leonés de Cultura, e da que Barja Iglesias foi o seu director (9 de novembro, ás 20 horas, na igrexa dos RR.PP. Mercedarios).

- Concerto do Ensemble Aurum, que interpretará, en formación de cuarteto de corda, algunhas das obras máis relevantes deste músico galego (15 de novembro, ás 19 horas, na Casa da Cultura).

- Concerto de Novos Intérpretes Verinenses. Cinco pianistas (Tatiana Melissa Cid López, Gonzalo Álvarez Martínez, Alba Granada Flete Giraldo, Lorena Herrero Laso e Mercedes Lorenzo Esteban), catro instrumentistas de vento (Miguel Anxo Guerra Dos Santos, Sergio Sobrino Vaz, Ruth Medeiros González e Adrián García Alvar) e a guitarrista Irene Romero Rodríguez, todos  verinenses, interpretarán obras de Ángel Barja (22 de novembro, ás 19 horas, na Casa da Cultura).

- Concerto para Vicente López Rojas, membro do Conservatorio Elemental de Música de Verín (29 de novembro, ás 19 horas, na Casa da Cultura).