“Festa Rachada”, cartel gañador do Entroido 2013 Imprimir
Luns, 07 Xaneiro 2013 11:36

Un ano máis, o Concello de Verín promoveu o concurso para seleccionar o cartel oficial das festas, que contou tanto coa participación cidadá como dun xurado cualificador no proceso de selección.

No proceso de votación popular  participaron un total de 213 veciños/as que, previa presentación do DNI, puideron escoller tres dos catorce carteis. Unha vez concluídos o período de votación, desde o 20 ao 27 de decembro, aos tres carteis que recibiron máis votos outorgáronselles seis puntos ao primeiro, tres ao segundo máis votado e un ao terceiro. Con posterioridade, o xurado cualificador conformado por María del Pilar Salgado -profesora de Pintura da Escola de Artes e Oficios-, Jorge Godás -creativo publicitario, Manuela Sánchez -pintora- e José Javier Vázquez -Cigarrón de Honra 2012-, someteron a todos os carteis a unha segunda valoración, na que lle outorgaron ao cartel máis votado un total de 8 puntos; ao segundo, catro puntos; e ao terceiro deles un total de dos puntos.

Tras esta segunda elección, sumáronse os puntos de todos os carteis -tanto os outorgados polos cidadáns como polo Xurado-, e o cartel que máis puntos obtivo foi “Festa Rachada”, de María Victoria Salgueiro Afonso.