Arranca a Ludoteca de Nadal de Verín Imprimir
Venres, 21 Decembro 2012 14:09

Desde mañá 22 de decembro e ata o 5 de xaneiro, o Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín (Aever) promoven a quinta edición de 'Ludonadal', unha ludoteca destinada a estas datas e dirixida a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, co obxecto de promocionar económicamente o comercio tradicional na localidade, facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos/ás nenos/as un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

‘Ludonadal’ realizarase no centro infantil do CEIP Amaro Refojo de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, e os sábados de 10 a 14 horas. Para poder acceder a esta actividade, na que cinco monitores/as encargaranse da dinamización da mesma, será necesario entregar un vale, selado pola empresa correspondente, xunto co ticket da compra, á hora de recoller ao menor, e que xustifique a realización de compras nalgún dos establecementos integrados en AEVER -existindo un límite mínimo de 20 euros (nun só ticket o en varios que sumen este total) e unha penalización de 10 euros no caso de non achegar o ticket e vale-.

Con todo, no marco de 'Ludonadal' tamén terán lugar varias actividades destinadas aos/ás nenos/as do Verín, como son Animación na Rúa (21, 22 e 23 de decembro), Carteiro Real (30 de decembro), Cotillón Noitevella Infantil (31 de decembro)  e Cabalgata de Reis ( 5 de xaneiro de 2013).

Para máis información deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude, ou no teléfono 988-414776.