Gala benéfica 'Un sorriso para Ángel' Imprimir
Xoves, 20 Decembro 2012 13:37

O vindeiro xoves 27 de decembro, a partir das 19 horas, o Pavillón de Deportes de Verín acollerá a gala benéfica 'Un sorriso para Ángel'. Unha iniciativa solidaria a favor da campaña 'Una sonrisa, un objetivo', destinada a axudar ao neno Ángel Blanco García, organizada polo Concello de Verín e na que colaboran Eurocidade Chaves-Verín, Tanito, Verín C.F., Imprenta Dixital, Denominación de Orixe Monterrei, Cabreiroá, Deportes Vega, Coren, Novagalicia Banco e Coca-Cola.


Durante a mesma presentarase o espectáculo 'Metamorfosis' con Tanito e Mágico Brais para os/as máis cativos/as da comarca, onde ademais de humor e maxia, terá lugar sorteo de agasallos entre os presentes. A entrada para acceder a esta iniciativa será de 3 euros, que serán destinados íntegramente a Ángel Blanco García, un menor que ten parálise cerebral e o síndrome de Landau-Kleffner, e necesita un bipedestador-andador para mellorar a súa calidade de vida.

Por outra banda, e tamén no Pavillón Municipal de Deportes establecerase, durante a realización do espectáculo, un punto de recollida de tapóns de plástico que axudaran a conseguir os obxectivos desta iniciativa solidaria.