'Cantacontos' da pedagoga e escritora Susa Herrera na Biblioteca de Verín Imprimir
Martes, 18 Decembro 2012 14:13

O venres 4 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá unha sesión de 'Cantacontos' realizados pola pedagoga, docente e compositora Susa Herrera Ruiz, acompañada da profesora e artista Merchy Rozas.

Esta sesión destinada a 50 nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos en compañía dos proxenitores -un pai ou nai por neno/a-, na que estas excepcionais cantacontos amosarán, de modo gratuíto, cancións do seu último libro CD 'En Cabárceno se oye cantar', publicado por Montañas de Papel Ediciones. Trátase dun álbum ilustrado que incorpora un CD e DVD coas 10 cancións que compoñen o libro e que teñen a 10 animais do Parque da Natureza de Cabárceno como protagonista. Ademais do texto, das cancións de Susa Herrera e das ilustracións de Violeta Monreal inclúense as partituras dos 10 temas e unhas propostas didácticas para poder traballar cos/as menores. A autora e letra de todos eles é a propia Susa Herrera, que tamén realizou outros tres libros CD como 'Cartas que vienen y van', Todos los animales al cajón'  -de la editorial Primerapersona- y 'Animales enCantadores' -de la editorial Corimbo-.

Sara Herrera Ruiz, que coñeceu o programa de actuacións destinadas ao fomento da lectura da Biblioteca de Verín no marco da entrega do galardón como Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011 -concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-, é na actualidade docente da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, como profesora titular da área didáctica da expresión musical. Ademais, da súa experiencia docente en todos os niveis educativos desde 1982, Herrera Ruiz impartiu máis de 200 cursos en programas de formación inicial e permanente do profesorado en diversas Comunidades Autónomas de España, e tamén  en países de Latinoamérica.


Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall