Videoconferencia con Papá Noel e visita á Biblioteca de Verín Imprimir
Luns, 17 Decembro 2012 12:51

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza o mércores 19 de decembro, ás 11 horas, unha videoconferencia con Papá Noel para os/as nenos/as do colectivo xitano de Verín, con idades comprendidas entre 1 e 4 anos.


En devandita actividade, que vincula as novas tecnoloxías co Nadal e se realiza por quinto ano consecutivo, participa a Rede CeMIT de Verín (Aulas Multimedia). O remate da mesma, a Biblioteca Pública Municipal organizará unha visita dos/as nenos/as ás instalacións e a realización de manualidades e contacontos para todos/as os/as participantes, que se inclúe dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.