‘Contos de chocolate’ na Biblioteca de Verín Imprimir
Luns, 17 Decembro 2012 10:07

O vindeiro venres 21 de decembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de chocolate', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos -terán preferencia os/as menores que participen regularmente nas actividades organizadas pola Biblioteca-. Consistirá na realización de contacontos e de manualidades con chocolate, nas que os/as participantes utilizarán a súa imaxinación para converterse en pequenos/as deseñadores/as de piruletas, debuxos ou formas a partir deste doce alimento. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall