Recollidas máis de 4 toneladas de alimentos no partido solidario en Verín Imprimir
Luns, 10 Decembro 2012 11:49

O estadio José Arjiz de Verín acolleu na xornada do sábado o partido solidario 'Espello deportivo...por alimentos', organizado polo Verín F.C., coa colaboración da área de Deportes do Concello de Verín e Rubén Riós.

A esta iniciativa solidaria sumáronse máis dun millar de persoas, que xunto a empresas de Verín, achegaron máis de catro toneladas de alimentos que serán repartidas entre as familias en situación de vulnerabilidade da bisbarra, en colaboración con Cruz Vermella Monterrei, os servizos sociais do concello de Verín e outros concellos veciños.

A mesma contou coa participación veteranos do Verín F.C., representantes da política local -da man do rexedor e concelleiro de Deportes, Juan Manuel Jiménez e Víctor Baladrón, e un grande número de personalidades do deporte e do mundo da cultura, participando nomes como Songo´o, Rodolfo Dapena, Javier Maté, Mocho Carnero, Jorge Otero, Vicente Celeiro, Tonhito de Poi, Santi Romay, Noelia Solleiro, Terio Carrera, Emilio Rúa, Alex Carro, Xoel Yáñez, Ignacio Vilar.

Todas as fotos sobre a iniciativa no Facebook do Verín C.F. https://www.facebook.com/media/set/?set=a.473661056005856.101751.415656455139650&type=1