Conferencia sobre a Constitución de 1812 na Casa da Cultura Imprimir
Venres, 07 Decembro 2012 11:44

O vindeiro luns 10 de decembro, ás 20 horas, na Casa da Cultura de Verín, José Agustín González-Ares Fernández pronunciará a conferencia Eloxio e recordo da Constitución de 1812 no bicentenario da súa promulgación.

Nesta incidiranse na historia da Constitución de 1812, proceso constituínte e influencia nos procesos sociais e históricos acontecidos nos países Iberoamericanos ou Francia. O acto está organizado polo Concello de Verín, institución na que González-Ares, doutor en dereito e profesor de Dereito Constitucional na Universidade de Vigo, é concelleiro.