Concerto de Santa Icía en Verín Imprimir
Venres, 23 Novembro 2012 11:49

A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 24 de novembro, a partir das 19 horas, o tradicional concerto de Santa Icía do alumnado do Conservatorio Elemental de Música de Verín.

Neste concerto os alumnos e alumnas interpretarán temas como Minueto, Rag in C, Spring Song, Las Mañanitas, Les embruns, Away in a Manager, El cocodrilo, Vieille Chanson Française, Rigaudon, Mélodie, With Gab, Allegretto, Pomp and Circumstance, Piel Canela, Carioca ou Eram p'rai séte e pico.

Unhas composicións de autores como Brian Lester, Tchokov-Gemiu, Wolfgang Amadeus Mozart, Antonio Vivaldi, Christian Petzold, Henri Jérôme Bertini, Carl Maria von Weber, Henry Purcell, Jean-Marc Allerme, Sir Edward Elgar, Bobby Capo, Ariel Ramírez ou Yicent Youmans.