III Trial infantil e clásicas 'Vila de Verín' Imprimir
Martes, 13 Novembro 2012 14:03

A zona da capela de San Antón (Ábedes-Verín) acollerá o vindeiro domingo 18 de novembro, a partir das 10 horas, a realización do III Trial infantil e clásicas 'Vila de Verín', organizado polo Moto Club Entrimo e o Concello de Verín.

Devandita proba deportiva, puntuable para o Campionato Galego, se desenvolverá nas categorías infantil, alevín e clásicas. Na de clásica participarán uns dezaoito competidores, mentres que nas outras dúas restantes serán un total de 15 menores, con idades comprendidas entre os 6 e 13 anos.

A mesma, que finalizará ás 15 horas, está dividida en cinco zonas que cada un dos participantes (de todas as categorías) deberán percorrer un total de tres veces (cada zona). Na organización desta iniciativa deportiva tamén colaboran a Federación Galega de Motociclismo e empresas verinenses.