Resultados e clasificacións deportivas na web do Concello de Verín Imprimir
Xoves, 25 Outubro 2012 11:19

Desde esta semana, a páxina web do Concello de Verín inclúe unha nova sección deportiva destinada a resultados e clasificacións da Liga Local de Fútbol Sala, Liga Local de Veteranos e Escolas Deportivas de Fútbol do Concello de Verín.

Unha iniciativa que ten por obxecto divulgar a actualidade deportiva no municipio, e que se suma á xa existente da piscina climatizada, que recolle tamén imaxes e noticias sobre cada unha destas disciplinas deportivas. Esta actuación pretende acercar aos/ás cidadáns/as as últimas novidades tanto en Fútbol Sala, como na Liga Local de Veteranos ou as Escolas Deportivas do Concello de Verín.

Por outra banda, na xornada de mañá a partir das 19 horas, o complexo deportivo de A Granxa acollerá a presentación oficial dos equipos de pre-benxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes das Escolas Deportivas de Fútbol do Concello de Verín, así como o equipo infantil de Fútbol Sala que participa na categoría autonómica desta disciplina; á que poden asistir proxenitores e familias dos/as alumnos/as destas escolas.