'Día Internacional das Bibliotecas’ en Verín Imprimir
Xoves, 18 Outubro 2012 09:13

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza, con motivo da celebración do ‘Día Internacional das Bibliotecas’, unha actividade cultural o vindeiro mércores 24 de outubro, de 18 a 19.30 horas, enmarcada dentro da programación de actuacións destinadas ao fomento da lectura.

Esta iniciativa, que xa chegou a súa sexta edición, está destinada a nenos/as de 3 a 10 anos. Consistirá realización de contacontos e manualidades, e na mesma colaborarán os/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca de Verín. Para participar nesta iniciativa, destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da Biblioteca, é necesario inscribirse desde hoxe 18 de outubro nas instalacións municipais ou no teléfono 988-414776.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall