Exposición 'IntegrArte' en Verín Imprimir
Martes, 09 Outubro 2012 11:31

A Casa do Escudo de Verín acolle, do 10 ao 16 de outubro, a exposición 'IntegrArte', organizada pola delegación de Verín da Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Morea.

'IntegrArte' é o título dunha mostra de pintura e escultura que recolle doce esculturas e trinta e oito pinturas de membros do colectivo Morea. Esta iniciativa, realizada en diferentes técnicas artísticas, ten dous obxectivos: amosar a obra destes/as artistas e divulgar que as persoas do colectivo son uns membros máis da nosa sociedade, e teñen moito que aportar á mesma.

A inauguración de 'IntegrArte' terá lugar mañá mércores 10 de outubro, ás 19 horas, coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, e a mostra poderase visitar de luns a sábado de 17 a 20.30 horas (horarios alternativos para grupos e visitas con cita previa no 988-411614).