Exposición 'Acuarelas de Damián Contreras' en Verín Imprimir
Xoves, 09 Agosto 2012 11:01

A Casa do Escudo de Verín acolle do 11 de agosto ao 10 de setembro a exposición 'Acuarelas de Damián Contreras', do artista plástico verinense Damián Contreras.

'Dalias para Delia', 'Las flores de Sara' ou 'Peirao de Canido' son algúns dos títulos da trintena de obras que conforman esta mostra. As mesmas están realizadas coa técnica de acuarela e asentadas na temática de paisaxes tanto de interior como salinas (a maioría galegos), debuxos de espidos do corpo humano, bodegóns ou flores.

Damián Contreras (1956, Verín), actor, director e pedagogo teatral verinense, formouse no obradoiro de Luis Romero de Vigo, e nos últimos anos intensificou a súa labor artística no eido da pintura, que da lugar a esta primeira exposición deste verinense (aínda que algunhas das súas obras xa foron seleccionadas polo Museo de las Américas para mostras en Turquía ou Italia).

A inauguración de 'Acuarelas de Damián Contreras' terá lugar ás 19 horas do 11 de agosto, e a mostra poderase visitar de luns a sábado de 17 a 20.30 horas (horarios alternativos para grupos e visitas con cita previa no 988-411614).