II Maratón de Pádel en Verín Imprimir
Xoves, 02 Agosto 2012 10:24

Do 10 ao 12 de agosto, o Complexo Deportivo A Granxa acollerá a celebración do II Maratón de Pádel', organizado polo Concello de Verín.

Os/As participantes do mesmo, no que tamén colaboran a Cabreiroá, Atmósfera Sport, La Caixa, Saudeter, HortoVerín e Bolero, poderán optar a tres premios segundo a clasificación: cheque-agasallo de 300 euros en material deportivo e trofeo (1º Clasificado), cheque-agasallo de 120 euros en material deportivo e trofeo (2º Clasificado) e cheque-agasallo de 60 euros en material deportivo e trofeo (3º Clasificado).  

A inscrición debe realizarse antes do 09 de agosto, ás 20 horas, nas oficinas de Saudeter en Verín (R/Luis Espada, 1 Baixo) previo pago dunha cota de 10 euros por persoa, que incluirá unha camiseta conmemorativa da actividade.

O máximo de participantes é de 24 parellas, e o sorteo do cadro terá lugar o luns 9 de agosto, ás 21 horas, nas oficinas de Saudeter en Verín. O maratón someterase ao regulamento da Federación Española de Pádel coa salvidade de que nas roldas previas, en caso de ter que xogar o terceiro set, este será un super tie break.