3ª Xuntanza Motera Internacional en Verín Imprimir
Xoves, 02 Agosto 2012 10:23

Durante os días 03 e 04 de agosto, Verín acollerá a 3ª Xuntanza Motera Internacional, na que participarán catrocentos motoristas procedentes do norte de Portugal e Galicia.

Na xornada de mañá, a partir das 24 horas, terá lugar unha queimada na praza García Barbón seguida dun concerto de rock a cargo do grupo Limbo de Chaves. Xa o sábado 04 de agosto, ás 10 horas, no recinto da Lonxa Agropecuaria iníciase o proceso de inscricións para os participantes nesta xuntanza, cun prezo de 20 euros por persoa.  No mesmo lugar, ás 14 horas, realizarase un xantar popular para os/as presentes.

Ás 17 horas, os motoristas efectuarán un paseo entre Verín - Vilardevós - Verín, seguido dun show motero. A partir das 21.30 horas, cea motera nos restaurantes acreditados pola organización e ás 24 horas, concerto de rock con Black Dog Band Vigo e sorteo de fin de semana para dúas persoas nun balneario.

A inscrición anticipada terá lugar na Cafetería Canasta, Bar Gandainas e cafetería Lusco Fusco. Os teléfonos de contacto son 988-413697, 649-808755 e 660-039078.