Resultados do Maratón de Fútbol -7 'Eurocidade' Imprimir
Mércores, 01 Agosto 2012 10:28

Durante o 21 e 22 de xullo, Verín acolleu o Maratón de Fútbol 7 'Eurocidade', organizado pola Eurocidade Chaves-Verín, a área de Deportes do Concello de Verín e coa colaboración da A.D. Veteranos Verín e Cabreiroá.



Os premios quedaron repartidos do seguinte modo:
- 1º Premio: Saudeter (1.500 €),
- 2º Premio: Gasolineira de Feces. HortoVerín (750 €),
- 3º Premio: Sabores Transmontanos (300 €),
- 4º Premio: Restaurante Bayona (Trofeo).

Tamén se repartiron premios entre os equipos que participaron cun mínimo de sete xogadores pertencentes ao Concello de Verín ou ao Municipio de Chaves (acreditando a súa residencia coa Tarxeta do Eurocidadán), que recaeron en:
- 1º Local: San Roque (600 €),
- 2º Local: Cafetería Canasta (300 €).

Ademais do premio metálico, todos estes equipos recibiron un trofeo conmemorativo. Por outra banda, Luis Ossorio do equipo Saudeter obtivo o Trofeo de Mellor Xogador e Ricardo, de Sabores Transmontanos, o de Mellor Porteiro.



A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).