III Volta Cicloturista ‘Val do Támega’ Imprimir
Martes, 12 Xuño 2012 13:19

O próximo 17 de xuño terá lugar a III Volta Cicloturista ‘Val do Támega’ organizada polo Club Ciclista Verín, coa colaboración do Concello de Verín, e puntuable para a Copa Galicia.

Esta proba está aberta a todos os ciclistas e cicloturistas federados maiores de 17 anos -os non federados deberán subscribir a licencia por un día para poder participar- e ten 113 quilómetros de percorrido, con saída ás 9 horas do complexo deportivo A Granxa de Verín.

O itinerario consta de dous tramos: neutralizado (Saída - Verín - Tamaguelos - Rabal - Oímbra - Vilaza - Albarellos - Verín - Caldeliñas) e libre (Gondulfes - Servoi - Fontefría - Alto do Foxo - Campobecerros - Ventas da Capilla - A Gudiña - Ventas da Barreira - As Ferreiras - San Cristovo - Fumaces - Verín). Do total do itinerario, os 34 quilómetros iniciais (Verín-Caldeliñas) serán neutralizados polo vehículo da organización, a un ritmo constante de 25 quilómetros/hora, e coa prohibición de adiantar a devandito automóbil. Desde Caldeliñas ata a meta o tramo será libre.

Para participar na III Volta Cicloturista ‘Val do Támega’ será abonar unha cota de inscrición de 30 euros -federados- ou 42 euros -non federados (inclúe a fianza de chip)-, mediante transferencia bancaria ou na web www.championchipnorte.com. O prazo de inscrición conclúe o 15 de xuño. A retirada de dorsais será o 16 (de 18 a 20 horas) e 17 de xuño (de 7 a 8 horas) no complexo deportivo A Granxa, é será necesario presentar: confirmación da inscrición, licenza deportiva da RFEC en vigor (federados/as), DNI/NIF (non federados) e xustificante de ingreso pola páxina web ou da transferencia bancaria realizada.

Ao finalizar a proba entregaranse os seguintes trofeos: ao club máis numeroso e aos ciclistas máis veterano, afastado e novo.