'Tomando as Rendas' na Aula CeMIT de Verín Imprimir
Luns, 04 Xuño 2012 13:36

A aula CeMIT do Concello de Verín promove a actividade 'Tomando as Rendas', destinada ao fomento do autoemprego e o emprendemento entre as mulleres das zonas rurais que teñen á súa arredor oportunidades empresariais pero non dispoñen do coñecemento, financiamento e decisión para poñer en marcha as súas propias empresas.

Esta iniciativa terá lugar o vindeiro 21 de xuño e porá á disposición das usuarias unha serie de servizos que lles facilitará a posta en funcionamento do seu negocio, a través dos que aprenderán todo o necesario como emprendedoras e novas tecnoloxías. Durante esta xornada terá lugar a charla “Motivación ao emprendemento e maduración de ideas empresariais por parte das usuarias', que será impartida a través de videoconferencia da Rede CeMIT durante unhas catro horas co obxectivo de aproximar a realidade do mundo da empresa ás usuarias, e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, destacando a importancia de elaborar un plan de viabilidade e dando a coñecer as ferramentas e axudas que teñen a súa disposición os emprendedores galegos.

As mulleres interesadas en participar nesta iniciativa deben inscribirse na Biblioteca Pública Municipal de Verín antes do 8 de xuño.