Requirimentos de emenda das solicitudes de proxectos de enerxías renovables Imprimir
Xoves, 03 Maio 2012 12:57

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación de requirimentos de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 1 de decembro de 2011, que estableceu as bases reguladoras e anunciou a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de enerxías renovables (Diario Oficial de Galicia n.º 236, do 13 de decembro).

Unha vez revisadas na súa totalidade as solicitudes referidas ás seguintes actuacións: Enerxía solar térmica (código de procedemento IN421A), Enerxía solar fotovoltaica illada (código de procedemento IN421B), Enerxía solar fotovoltaica conectada á rede (código de procedemento IN421C) e Instalacións mixtas: solar fotovoltaica e enerxía eólica e/ou enerxía minihidráulica (código de procedemento IN421F).

As persoas solicitantes incluídas no dito anexo para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG (ata o 15 de maio), emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se lles indique no taboleiro electrónico. De non o facer, teranse por desistidos na súa petición de subvención e procederase ao arquivo do expediente, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais, remitirase ao taboleiro electrónico as persoas interesadas para obter a información particularizada dos motivos do requirimento. Para acceder ao seu contido establécense dúas posibilidades:
- Acceso pola páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es) na parte dereita da portada, na opción taboleiro electrónico, onde, unha vez que acceda, deberá teclear o código electrónico alfanumérico que aparece na esquina inferior esquerda da solicitude.
- Acceso a través do correo electrónico remitido a cada solicitante, sen necesidade de teclear o código electrónico alfanumérico, pois enlaza directamente co taboleiro de modo que o usuario xa ten á vista os documentos que figuran no arquivo.
- En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o período de emenda, poderanse dirixir a esta entidade pública a través dos teléfonos 981 54 15 31/981 54 15 30/981 54 15 24, do número de fax 981 54 15 15 ou do enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

O link informativo desta resolución é o seguinte:http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120503/AnuncioO3G1-240412-0001_gl.html