Día do Libro na Biblioteca de Verín Imprimir
Sábado, 21 Abril 2012 09:38

Con motivo do Día do Libro a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a realización de actividades culturais e lúdicas durante a xornada do vindeiro 23 de abril, como son colocación de stand fronte ás instalacións da biblioteca, entrega dos premios do concurso 'Debuxos para o cartel do Día do Libro' ou contacontos e manualidade, entre outras.

- Colocación dun stand fronte ás instalacións da biblioteca (de 11 a 13.30 horas), onde se colocarán os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral (dependendo das condicións meteorolóxicas).  Trátase dunha actividade onde libros saen a rúa para acercarse o máis posible aos/ás lectores/as, intentando subliñar, de modo simbólico, a importancia da lectura tanto dos/as máis novos/as como do público en xeral.

- Entrega dos premios do concurso 'Debuxos para o cartel do Día do Libro' (ás 12 horas, no stand anterior). Así mesmo tamén se ofertará información sobre todas as novidades do mundo editorial e das librerías-imprentas de Verín: Librería AZ, Librería Rincón del Libro, Librería Cortés, Librería Dixital, Librería Monterrei, Librería Pica-Pica, Librería Dasairas, Librería Papiro, Librería O Xardín. Nas mesmas se realizará, do 23 ao 29 de abril, un desconto do 10% nos libros, previamente recollido nas instalacións da Biblioteca de Verín.

- Inauguración dunha exposición, nas instalacións da biblioteca, conformada por todos os debuxos que participaron no concurso 'Debuxos para o cartel do Día do Libro' y que se desenvolverá do 23 de abril ao 5 de maio.

- Contacontos e manualidades na Biblioteca Pública Municipal de Verín. Terá lugar de 18 a 19.30 horas, nas instalacións da propia biblioteca, e está enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. Realizaranse contos clásicos e máis actuais para 25 nenos/as de entre 3 a 10 anos, socios/as da instalación e empadroados/as en Verín. Ao finalizar terán lugar manualidades impulsadas por voluntarios/as da biblioteca, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall