Conferencia-coloquio 'Nenos, adolescentes e adultos con Trastorno por Déficit de Atención: TDAs' en Verín Imprimir
Mércores, 18 Abril 2012 12:27

O salón de actos da Casa de Cultura de Verín acolle mañá 19 de abril, ás 19.30 horas, a conferencia-coloquio  'Nenos, adolescentes e adultos con Trastorno por Déficit de Atención: TDAs'  de Manuel García Pérez, psicólogo consultor clínico e educativo; experto en TDAs, fundador e director técnico do grupo Albro-Cohs.

A mesma, organizada polo departamento de Educación Familiar e o Foro La Región, abordaranse os problemas de conduta, rendemento escolar, laboral, relacións sociais, familiares e autoestima, relacionados directa o indirectamente cos déficit de atención sostida ou de eficacia atencional, coñecidos tecnicamente e popularmente como TDAs-TDAH, que veñen sendo obxecto de especial interese polos profesionais da educación, sanidade e conduta e xeral.

A conferencia-coloquio 'Nenos, adolescentes e adultos con Trastorno por Déficit de Atención: TDAs' será inaugurada polo rexedor Juan Manuel Jiménez Morán e moderada pola educadora social de Verín, e está dirixida a toda a poboación, en especial as persoas con problemas de rendemento académico, laboral, relacións sociais, familiares, autoestima, e problemas de conduta, e a tódolos profesionais de educación, sanidade, sociais e xustiza.