'Contos á Carta' na Biblioteca de Verín Imprimir
Luns, 19 Marzo 2012 12:46

O venres 23 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a novidosa iniciativa lúdico-cultural 'Contos á Carta', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 24 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Baixo o nome 'Contos á Carta' realizarase unha actividade, extrapolada dunha realizada pola Biblioteca da Escola María Villalobos de Arteaga (municipalidade de Olivar – Chile), a través de Rosita Peña, coa que comparte experiencias e iniciativas culturais á Biblioteca de Verín desde fai varios anos.

Esta actividade será unha carta, similar ás de restauración, conformada por Entremeses, Primeiro Prato, Segundo Prato e Sobremesa; e que permitirá aos/ás participantes percorrer as distintas estancias da biblioteca onde se atoparán os menús -que son contos e relatos infantís- preparados e listos para escoitar. Así mesmo, terá lugar unha manualidade con cada grupo coa árbore como protagonista, ao coincidir coa semana adicada efeméride. Esta iniciativa será coordinada polo persoal da instalación e nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono                     988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall